viernes, 14 de septiembre de 2012

Neda


A Festa do Pan supón un evento anual de exaltación do produto gastronómico por excelencia da Vila de Neda. Con esta festa preténdese promocionar, exaltar e dignificar o labor das forneiras e forneiros de Neda.Dende o ano 1989 vense celebrando con continuidade, organizada nos seus inicios pola "A.VV. Ancos" e facéndoa coincidir co remate das festas de Sta. María de Neda. Xa dende hai anos a súa data de celebración é
fácilmente identificable, o primeiro domingo de setembro, no recinto feiral de Albarón, pero a partir da XIX edición , introdúcese un importante cambio: a súa ubicación. Desde ese ano vaise celebrar no Paseo
Marítimo de Xuvia, á altura do Albergue de Peregrinos. Esta nova ubicación ven fundamentada pola necesidade de favorecer o acceso a persoas con movilidade reducida ou con minusvalías, e persoas maiores que
tiñan que facer un gran esforzo para chegar a Albarón.

Preténdese, a través do seu programa, darlle un novo aire á Festa, buscando unha maior implicación e participación da cidadanía. Os actos da Festa serán o primeiro domingo de setembro, pero o día anterior, sábado, celébrase unha camiñada guiada pola "Ruta dos Muíños"(tres horas ida e volta), visitando un forno e algúns muíños,onde se ve o proceso do pan, con degustación incluída.

La Fiesta del Pan de Neda supone un evento anual de exaltación del producto gastronómico por excelencia de la Villa de Neda: el pan, y también sus derivados, en menor medida identificados cómo productos típicos, productos que poseen una gran calidad y unas características de elaboración propias (bollas de huevo, proias, empanadas, queiques, cocadas, etc…. Desde el año 1989 se viene celebrando con continuidad la Fiesta del Pan, organizada en los inicios por la A.A.V.V. Ancos , el día 10 de septiembre, fecha que coincidía con el final de las fiestas religiosas de Nuestra Patrona.
Hoy la Fiesta del Pan pierde el carácter religioso inicial y tiene una fecha de celebración fácilmente identificable, el primer domingo de septiembre. En su organización sigue a participar la asociación pionera "Ancos", que colabora en las actividades junto a la Concejalía de Cultura.


Su celebración tiene cómo objetivos:

- Promocionar, poner en valor y dignificar la labor de las panaderas y de los panaderos de Neda.
- Exaltar la calidad de los productos (pan y dulces), identificando a los nedenses con sus productos tradicionales.
- Publicitar la imagen corporativa del "Pan de Neda".
- Incentivar al sector con el objeto de gestionar la categoría de "fiesta de interés turístico gallego".
- Fomentar la participación de los panaderos y panaderas de Neda y de todos los agentes sociales en la organización de la actividad.

RUTA DOS MUÍÑOS

O primeiro sábado de Setembro, víspera do primeiro domingo do mes, levarase a cabo a Ruta dos Muíños, no marco da celebración da Festa do Pan.

Hora.

O itinerario sairá ás 10 da mañá do Adro da Igrexa de Santa María de Neda, e retornará ao mesmo punto. A duración da marcha está calculada para unhas 3 horas/ 3 horas e media.

Dificultade:

Baixa.

Guías: monitores/as, guías turísticos/as, animadoras. A camiñada rematará (no itinerario de ida) nas instalacións de Motus no Roxal, onde se obsequiará aos presentes con bola, empanada ou similar.

ITINERARIO IDA.

A ruta saírá do Adro, cruzando a estrada xeral, subindo río arriba o ríoBelelle (marxe dereita, mirando cara á desembocadura, é dicir, cara á dirección da corrente) ata o muíño do Carballo, pasando por varios muíños.
Chegar á Ponte Nova e, pola beiriña do río, pola beira dereita, coller á dereita, e, por unha senda estreita, seguir río arriba ata o muíño do Carrizo. Pola beira ata o muíño de Rico(Lourenzo). De alí saír cara arriba e coller á dereita polo Camiño de Abaixo. Por xunto ao muíño de Lourenzo.

Pasar a ponte do muíño de Bigotes, sen cruzala, e todo pola beira, saír á Area Recreativa de Maciñeira.

Seguir a senda ata o Muíño das Bombas. Cruzar a ponte e coller á esquerda (marxe esquerda do río) ata a outra ponte que está río arriba.

Cruzala e xa estamos nas instalacións de Motus (antigo muíño de Luis de Canido).

Alí descanso e merendola.Fin de itinerario.

(Os que queiran poden seguir río arriba ata a Fervenza, pasando por outros

muíños, un par de kilómetros máis).

ITINERARIO VOLTA.

A volta se fai polo mesmo camiño, excepto que ao chegar á altura do muíño
do Carrizo séguese polo camiño, recto, ata saír á estrada, e aos poucos
metros meterse polo Camiño das Augas, e, todo por él, pasar por varios
outros muíños ata desembocar nos muiños do Tinguilado e de Foxo, xunto a
casa rectoral de Santa María. Cruzar a estrada e fin no Adro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario