Feira mensual
En Boimorto realizábanse durante moito tempo dúas feiras o 14 e 28 de cada mes, estes días Boimorto víase invadido por gran cantidade de tendas e animais para a venda. Os animais ían para a praza Campo da Feira salvo o gando porcino que se repartían: os leitóns para a praza da gándara e os adultos para a Fonte da Bica. No tocante as tendas de roupa, alimentación, apeiros,... repartíanse por toda a rúa gándara.
Debido á escaseza de postos e ao gran auxe da feira celebrada no Concello veciño de Arzúa a mediados da década dos 60 deixouse de celebrar a feira en Boimorto. Xa nos anos 80 houbo unha tentativa de recuperar a feira mensual que non deu bos froitos e houbo que agardar ata maio de 2010 cando dende o Concello se promoveu a recuperación da feira mensual de Boimorto, esta vez cunha celebración única mensual emprazada para o primeiro sábado de mes e que tería lugar no Campo do Rosario.
Esta primeira edición foi un grandísimo éxito de publico e postos, pois xa na primeira edición xuntáronse mais de 40 postos de venda profesionais e uns 15 de excedente agrario. Dende aquela a feira constitúe un punto de encontro dos nosos veciños onde se pode mercar multitude de artículos, degustalos churros e o polbo, .... Todo isto sen perder de vista o mais importante, recuperar unha tradición que tiña tanto arraigo nos nosos maiores.
Feiras a maiores
No ano 2011 xa coa feira mensual ben asentada e vendo que este tipo de turismo era ben acollido entre os noso veciños decidiuse organizar a I Feira de oportunidades do Concello de Boimorto. Esta feira supón un punto mais de calidade en comparación coa feira mensual, celebrouse no Polideportivo Municipal a fin de semana do ___ ao ___ de marzo e pasaron por ela preto de 3.500 ? persoas.
Outra actividade que se organizou en Boimorto foi a I Feira de Mobles de Segunda Man en colaboración coa Asociación Remar, que viñeron ata Boimorto con unha ampla mostra dos mobles que venden no seu almacén da Coruña.

No hay comentarios:
Publicar un comentario