Camiño Inglés de Santiago
Traxecto primeiro ( A Lameira - Cañás): 4,3 Km .
Traxecto segundo ( O Peito- Hospital de Bruma): 6,2 Km .
Total do Camiño que transcorre polo Concello de Carral: 10,5 Km .
Este camiño de peregrinación a Santiago é a ruta mais curta
e práctica para os procedentes do Oeste e Norte de Europa que tomaban porto en
Galicia. O Camiño Inglés ten dúas variantes: unha que parte desde Ferrol e a
outra que comenza na Igrexa de Santiago na Coruña. Ámbalas dúas únense nun
único treito en Bruma.
A que transcorre por Carral ven desde a cidade herculina e
percorre por este municipio en dous traxectos. O primeiro iníciase en A Lameira
circulando por estrada asfaltada por Corpo Santo, Sergude e Cañás, atopando
polo camiño unha área de descanso en A Lameira, o Río Brexa, arquitectura
típica da zona e fermosas paisaxes.
Abandónase Carral para adentrarse en Sarandóns (Concello de
Abegondo) e comtemplar a fermosa fachada da casa na que pasou noite Felipe II
en 1554, para volver a Carral no Peito de Beira onde nos agarda unha forte
pendente.
Durante o ascenso podemos con templar unha vista panorámica
das Rías da Coruña, Ares e Ferrol. Cruzamos a estrada C-542 para circular por
un carreiro que nos leva cara a Bruma en As Travesas, onde moi preto do camiño
contamos con outra área de descanso.
Podemos facer estes percorridos camiñando, a cabalo ou en bicicleta de
montaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario