Nos séculos XIX e XX Culleredo convértese en lugar de
segunda residencia da burguesía e fidalguía coruñesa, edificándose moitos pazos
e casas de recreo, algúns dos cales aínda perviven.
En 1875 ábrese o camiño de ferro da Coruña a Lugo, con
estación no Burgo, en 1922 inaugúrase o tranvía eléctrico, en 1943 o camiño de
ferro da Coruña a Santiago, a comezos dos 30 inicia os seus traballos a
factoría Cros e en 1963 inaugúrase o aeroporto de Alvedro.
A finais do século XIX nacen as primitivas asociacións de
socorros mutuos, como La Humanidad, en Rutis e La Amparadora, no Burgo.
A xente dedícase, como nos tempos anteriores,
maioritariamente a traballar o agro. No traballo de mellorar os cultivos
destaca Juan Lembeye e Lartaud, o cal, dende o seu pazo de Liñares, ensina ós
labregos novas técnicas. Logo, a instalación de industrias na Coruña, como a
Fábrica de Tabacos, ou a Cros, fai que moitos homes e mulleres cullerdenses
pasen a formar parte do proletariado. Iso leva a que no noso concello xurdan
diversos conflictos, e a que a xente comece a organizarse sindicalmente,
primeiro na anarquista Unión Campesina, e, xa antes da República, na CNT, que
tería unha grande implantación no noso concello (mesmo durante a República
organiza unha concentración de asociacións en Vilaboa á que asisten máis dun
cento, e milleiros de persoas). Neste século XX agroman por todas partes
sociedades de socorros mutuos, de socorros de gandos, de agricultores,
culturais, políticas, que fan que o primeiro tercio do século XX sexa moi
activo neste aspecto.
A Dictadura de Primo de Rivera a penas inflúe na vida
municipal. Desta época só podemos destacar o papel xogado polo alcalde Andrés
Pan Vieiro, que instala bibliotecas en tódalas parroquias.
A proclamación da República, no medio dunha tentativa de
fraude por parte dos monárquicos, trae esperanzas. Inícianse varios proxectos
de construción de camiños, fontes, lavadoiros, escolas, alumeado público, etc.
O triunfo do fascismo provoca unha importante represión,
sendo varios veciños asasinados, fusilados, multados, mentres que outros, máis
afortunados, collen o camiño do exilio.
O mundo do ensino experimenta no século XX unha importante melloría,
existindo máis de 30 escolas a finais dos anos 30, e inaugurándose, en 
No hay comentarios:
Publicar un comentario