Historia
O nome do Concello ven dunha vila que fundou un cabaleiro
chamado Modesto (Vila Modesti) antes do século X. No século VI aparece a
primeira referencia a estas terras por escrito nun documento no que se nomea
unha das parroquias: Labacengos.
Sabese que na segunda metade do século XV as parroquias de
Santa Cruz e San Xurxo pertencian a García Rodríguez de Varcarcel(señor das
Pontes), por concesión de Henrique de Trastámara.
A historia de Moeche esténdese á sombra dun castelo. A
fortaleza foi edificada por Fernán Pérez de Andrade”O Bo”, a finais do século
anterior, como as de Vilalba e de Andrade, co fin de contar con varios puntos
de defensa nas súas enormes posesións da comarca eumesa. Ademais estas víronse
incrementadas coa incorporación da fortaleza de Narahío. Deste xeito, as tres
formaban un triángulo coa fortaleza de Moeche no centro.
Un acontecemento histórico salientable produciuse no Castelo
durante a revolta irmandiña no ano 1.431,os primeiros Irmandiños capitaneados
polo fidalgo Rui Xordo, intentaron atacar a Nuño Freire de Andrade ”O Mao” que
se atopaba na fortaleza de Moeche.Este sublevación tiña como finalidade o
afastamento do poder exercido polo de Andrade, que fuxeu seguido dos
sublevados, que derribaron parte do edificio, ata Pontedeume,pero cando
chegaron a esta vila o señor feudal e os seus iban cara a Santiago de
Compostela, donde o arzobispo os
acolleu e axudoulles a reorganizar o seu exercito, co que posteriormente
derrotaron a esta primeira revolución irmandiña.
A segunda revolución Irmandiña protagonizase no ano 1.467,
entón Moeche pertencia o Conde de Lemos. Derrotados os Irmandiños foron
obrigados a reconstruir todo o que destruiran. A historia conta que foi o Conde
de Lemos, Pedro Alvarez Osorio, o que ordeou iniciar as obras da fortaleza. No
século XVI, o Castelo figura como cárcel da xurisdicción coñecida como Estado
de Moeche.
Ata finais do século pasado a construcción conservouse en bo
estado,momento na que a duquesa de Alba, herdeira dos condados de Lemos e
Andrade, puxoa a subasta,indicando no documento que se poñia a venta como
"pedra de montón".
Por sorte esa operación non se levou a cabo, ainda que moita
pedra foi arrancada do castelo, e este perdeu moitos dos seus elementos
constructivos como muros, ameas, tellados ou pasadizos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario