Natureza
Cando se pensa no concello de Arteixo, todos temos unha imaxe dun
municipio fortemente antropizado e eminentemente industrial, esquecéndonos ás
veces da existencia de espazos naturais de grande importancia ambiental, non só
no ámbito local, senón incluso no comarcal e rexional, sorprendéndonos
enormemente a orixe dalgúns así coma os valores ambientais. Como exemplo destas
zonas centraremos a nosa viaxe virtual en dous espazos do concello, cunha orixe
totalmente diferente pero con gran valor para a conservación da biodiversidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario