O queixo da terra.
O Concello de Arzúa é coñecido pola elaboración de queixos;
xa Madoz a mediados do século XIX escribía que en Arzúa “elaborábanse
exquisitos queixos e críase gando con especialidade no vacún”.
O queixo recoñecido coa Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa
dende o ano 1995, elabórase artesanalmente a partir de leite natural e enteiro
de vaca e preséntase en pezas de 0,5
a 3,5 quilos, ten forma lenticular ou cilíndrica. A súa
codia, fina e elástica, é de cor amarela, brillante, limpa e lisa e cunha
maduración mínima de 6 días.
Este queixo ten ademais a cualificación de Produto Galego de
Calidade, feitos dun xeito trasmitido de xeración en xeración entre os
gandeiros e elaboradores destas terras.
Todos o primeiros domingos do mes de marzo, desde 1975, celébrase a
Festa do Queixo para enxalzar este produto e realízanse diversas actividades
artísticas, culturais, folclóricas e humorísticas. A festa é o encontro máis
importante para a promoción do Queixo de Arzúa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario