domingo, 9 de septiembre de 2012

Cabanas


1. Casa de Eduardo Pondal

Despois de andar emigrado por América, o laxense Juan González Pondal regresaría á Terra e casaría coa moza Ángela Fernanda Abente Chans. Despois de uns anos de matrimonio na vila de Laxe, desprázanse a Ponteceso onde erguen un pazo vilego nas beiras do río Anllóns. Desde un peirao que constrúe nas marxes do Anllóns, Juan González mantén intercambio comercial coas colonias americanas. En 1835, nacería o último fillo do matrimonio: Eduardo Pondal Abente, quen co andar dos anos se convertiría no grande autor do Rexurdimento literario galego e no autor da letra do noso Himno.

Eduardo Pondal cantou á súa casa natal con estes versos:

Eu nacín en agreste soedade,
eu nacín cabo dun agreste outeiro,
p?ronde o Anllóns, con nobre maxestade,
camiña ó seu destino derradeiro.


Como vemos neste poema, o gran bardo galego, Eduardo Pondal, naceu arrolado polas augas do Anllóns e mirando, desde a máis tenra infancia, a través dos cristais das galerías do pazo paterno, as terras de Cabana de Bergantiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario