Ruta litoral
A Ruta Litoral de Camariñas transcorre ó longo da costa
atlántica de Camariñas ten unha lonxitude de 22,8 km e se pode percorrer
a pé en 8 horas. Tamén pode empregarse a bicicleta e gran parte deste recorrido
pode facerse en vehículo nunhas horas.
O camiño parte do Museo do Alemán en Camelle, dende o que
parte unha senda costeira que recorre Arou e Santa Mariña onde poderemos
disfrutar do recorrido pola zona Rede Natura de Camariñas.
Este roteiro vai dende Santa Mariña polo mesmo camiño por
onde descorre a Ruta Costa da Morte aínda que en sentido contrario. Sempre
desfrutando do mar e dunhas vistas impresionantes do faro e Cabo Vilán, ao que
chegaremos despois de observar a duna de Monte Blanco, a praia de Trece, o
cemiterio dos Ingleses, as fermosísimas praias de Arnela, A Pedrosa, Area Longa
e Reira o foxo dos Lobos. Esculturas pétreas naturais como a do Oso ou os
Namorados de Reira sorprenderannos perante todo o camiño.
A etapa final do recorrido lévanos á cara máis amable e recollida
da costa, camiño á boca da ría de Camariñas, desfrutaremos de praia de Lago ou
a ermida da Virxe do Monte. Dende aquí pódese contemplar como o tranquilo mar
da ría torna en bravura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario