domingo, 9 de septiembre de 2012

Carballo


Estas son algunhas das nosas propostas para gozar activamente dunha visita ao concello de Carballo:


•          Surf: en mar aberto na praia de Razo.
•          Windsurf: praias de Razo e Pedra do Sal.
•          Parapente: Monte Neme.
•          Rutas a cabalo: diferentes rutas.
•          Sendeirismo: diferentes rutas.
•          Pesca: fluvial e marítima.
•          Mergullo: Razo-Baldaio.
•          Golf (Pitch & Putt): San Miguel de Vilela, preto de Razo-Baldaio.
•          Rutas 4x4: as rutas en todoterreo ofrecen a oportunidade de descubrir a incrible riqueza paisaxística do concello de Carballo.

Tamén recomendamos:


•          Observación de aves: zona situada entre a marisma e a lagoa do espazo natural de Razo-Baldaio.
•          Praias: máis de 6 qm. de marabillosas praias.
•          Festas: sobresae entre todas elas a do San Xoán, patrón do concello. Os festexos, que teñen lugar na vila de Carballo, prolónganse durante varios días na semana do 24 de xuño.
•          Gastronomía: de especial sona é o pan de Carballo; pero o visitante non debe marchar sen degustar un bo prato de peixe ou marisco, acompañado polos excepcionais produtos hortofrutícolas da zona.
•          Feiras e mercados tradicionais: os mercadiños e feiras tradicionais son os xoves (Praza do Concello) e o 2º, 4º e 5º domingo de cada mes. Os quintos domingos de mes celébranse os Feiróns, cun programa especial de actividades.
•          A noite en Carballo: Carballo constitúe un referente na Costa da Morte en oferta de concertos, actuacións e outro tipo de espectáculos.
•          Programas culturais: actividades orientadas a todos os públicos. Figuran entre elas a música, o teatro, a animación infantil, exposicións, visitas e conferencias, entre outras.
•          Congresos en Carballo: o Pazo da Cultura conta con salas de diferentes capacidades adaptadas para a celebración de xuntanzas, congresos e cursos

No hay comentarios:

Publicar un comentario