HISTORIA DO CONCELLO
En Cesuras pódense atopar restos de asentamentos de diversas
épocas. Así do período castreño consérvanse e se teñen recoñecido numerosos
vestixios, a meirande parte deles coroando zonas altas, facilmente defendibles
e próximas a abastecemento de auga e zonas chas de solos fértiles.
Na historia moderna de Galicia este concello ocupa un lugar
na Guerra da Independencia coa desaparición de dous escuadróns de artillería do
exército francés pertencentes o 60º corpo de mando do Duque de Elchinge. Este
feito tivo lugar en Carres, Cesuras, Mandaio, Trasanquelos, Dordaño e Loureda.
En febreiro de 1809, os douscentos homes e douscentos cabalos que compoñían as
forzas francesas desapareceron como por arte de maxia. Un cabo ferido que escapou
e chogou as outras forzas, manifestou que os demais foran dogolados polos
aldeanos.
Non se puido atopar rastro nin sinal de revelacion do
acontecido. Nin a morte nin os tormentos á que someteron a alguns paisanos
foron eficaces. Todo quedou silenciado e o Mariscal Ney impuxo á cidade de
Betanzos, provincia á que pertencía Cesuras unha multa de 9.000.000 de reais.
Dispuxo que unha columna percorrera as aldeas onde desapareceran os soldados,
queimando catro delas e facendo violar nos atrios das igrexas ás mulleres que
non poideran escapar, sin respetar idades, fusilando moitos aldeanos e incluso
persoas de Betanzos que facía tempo que non se moveran dos seus domicilios.
Posteriormente sóubose que os autores das matanzas dos
soldados foran os aldeanos, que cansados de sufrir atropelos, roubos e
atentados dos xefes, oficiais e soldados, puxéronse dacordo por medio dos
maiordomos e curas das súas parroquias, nunha noite e a unha hora establecida
deron morte os soldados, enterrándoos con armamento e efectos, xa de día, en
piñeiros do concello. Os cabalos foron conducidos pola noite ata Ribadavia e
despois entregados o Marqués de Romana na fronteira de Portugal.
No Antigo Réxime tiña as súas parroquias distribuidas nas
xurisdiccións de Betanzos e Mesía.
Cando aparecen os novos concellos constitucionais no que
hoxe é concello de Cesuras, figura o concello de Probaos, que figura no partido
de Betanzos, e aparece nos documentos que fai a entón Diputación única de
Galicia.
Vemos que o concello de Probaos, aparece no repartimento de
quintas que fai a Diputación de Galicia o 7 de xullo de 1821, coa obriga de
entregar 2 homes e tres cuartos. No repartimento da contribución territorial do
13 de setembro de 1821, figura coa cuota 5.644 rs. 6 ms.
Cando no ano 1822 se fai a división de Galicia en catro
provicias, Probaos, que segue no mesmo partido xudicial de Betanzos, pasa a
depender da provincia da Coruña.
Cando se fan os proxectos para levar a práctica o R.D. de 23
de xullo de 1835 e publícase pola Deputación Provincial o proxecto do partido
xudicial de Betanzos co obxecto de que se poidan facer as observacións, que
lles suxira o seu interese polo ben público; na mesma figura o concello de
Trasanquelos con catorce parroquias.
O proxecto foi levado para a aprobación definitiva á sesión
da Deputación Provincial do 6 de xuño de 1836, onde o proxecto do partido
xudicial de Betanzos, sufreu modificacións; en relación co concello de
Trasanquelos cambiouse de nome polo de Cesuras e acadouse que lle fose reducido
o número de parroquias a trece.
O 15 de xuño de 1836 aparece publicada a instalación
definitiva do partido xudicial de Betanzos, na que o concello de Cesuras da
Parroquia de Bragade consta das seguintes parroquias nas que non houbo
variacións: Santo Estevo de Loureda, Santiago de Paderne, Santa María de
Figueredo, San Pedro de Filgueira de Barranca, San Salvador de Trasanquelos,
San Pedro de Borrifáns, San Mamede de Bragade, San Xiao de Mandaio, Santa María
de Cutián, San Vicenzo de Carres, San Miguel de Filgueira de Traba, Santaia de
Probaos e Santa María de Dordaño.
Na pequena etapa dos xulgados comarcais creados pola Orde do
24 de marzo de 1945 Oza dos Ríos, dispón dun xulgado comarcal do que depende o
xulgado de paz de Cesuras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario