Municipio Turístico Galego
O seu nome procedente do latín finis terrae, fin da terra; e
punto final tamén do Camiño de Santiago. A singularidade xeográfica de Fisterra
cautivou dende antigo a multitude de persoas que anhelaban asomarse á fin do
mundo, onde a terra acaba e o mar comeza ou polo menos así o creron as lexións
romanas ao contemplar o afundimento do sol nas súas augas.
Antigos xeógrafos grecorromanos ubican aquí o Promontorium
Nerium e o Ara Solis, o altar de culto ao sol, construído polos fenicios e que
o mesmo Apóstolo Santiago fixo destruír ao pouco tempo.
A singularidade de Fisterra xorde das moitas lendas que
envolven a estas terras, nas que se entrelazan temas relixiosos, marítimos e
elementos pétreos. Entre elas destacan a do Ara Solis, Ermida de San Guillermo,
Orca Vella, Pedras Santas, Santo Cristo de Fisterra e a Cidade de Dugium entre
outras. Grazas á memoria da xente deste lugar, estas lendas seguen vivas,
cautivando, xunto ás marabillosas vistas que Fisterra posúe, a todo aquel que
se asoma a visit_gaar a Fin do Mundo.
O pobo de Fisterra, está formado por un núcleo antigo
crecido en anfiteatro sobre o porto. As súas casas e estreitas rúas son dun
gran tipismo e orixinalidade. No centro atópase a Praza de Arasolis, nas
aforas, de camiño ao faro, atopamos o monumento máis interesante da vila: a
Igrexa de Santa María das Areas e dentro do conxunto histórico da vila destaca
tamén o Castelo de San Carlos.
O seu porto é o maior lugar de actividade do pobo e a súa
lonxa a primeira lonxa turística de Galicia. A flota está formada por pequenos
barcos de baixura que utilizan diversas artes de pesca coma o palangre, nasas,
betas, etc. A cualquera hora do día que paseemos polo porto, atopamos
mariñeiros que van ou veñen de pescar, reparando as súas redes ou na lonxa
subastando o peixe. O sector pesqueiro é un dos máis tradicionais do pobo. A
boa calidade do peixe e marisco que hai na zona fai que os produtos teñan unha
gran demanda nos mercados.
A vexetación herbácea sobrevive a duras penas nun terreo
azotado por fortes ventos e forte salinidade. Aínda así progresan os breixos
húmidos de Erica Tetraliz y E. Ciliaris, breixos secos, orquídeas, xestas
(algunha endémica de Galicia), centáureas, plantas de acantilado coma Armenia e
algunha plantación de pino e eucalipto. A vexetación adaptada ao complexo dunar
que adorna a Praia do Rostro, unha das máis salvaxes do litoral galego,
presenta a vexetación psamófila posiblemente mellor conservada de Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario