Pazo de Casal
Localízase na parroquia de Aiazo. Hoxe é unha sinxela casa labrega sen máis signo distintivo que unha alta cheminea.
A configuración da planta rectangular é alterada polas diversas construccións que lle foron apegando, sempre con funcións gandeiras ou relacionados co agro, perpendicularmente unhas cortes e na traseira un alpendre. Dentro da leira outro alpendre máis illado preto dun hórreo de madeira. Situado sobre dúas cepas de cachotería, combina faixas verticais con outras horizontais, e mantén a cuberta a dúas augas de tella curva.
A pedra é o material empregado en tódalas construccións que conforman o conxunto, en forma de cachotería miúda, reforzándose os vans e esquinais con pedras máis grandes de cantería. A cuberta tamén é a máis estendida na comarca e trázase a catro augas

No hay comentarios:
Publicar un comentario